O Concello do Barco repartiu 600 plantas aos 100 solicitantes de «Flores no Camiño»

Flores no Camiño
Flores no Camiño
Flores no Camiño
Flores no Camiño
Flores no Camiño
Flores no Camiño
Flores no Camiño
Flores no Camiño
O alcalde do Barco, Alfredo García e o concelleiro de Turismo e Comercio, Eladio Santos foron os encargados de repartilas.

O Concello do Barco entregou este venres, 28 de abril, 600 macetas con plantas en flor que adornarán balcois e terrazas, dentro do proxecto "Flores no Camiño". En total foron 100 os solicitantes que se inscribiron e que locen nas súas vivendas, petunias, cunchas, surfinias, xeranios e verbenas.

O alcalde do Barco, Alfredo García e o concelleiro de Turismo e Comercio, Eladio Santos, foron os encargados de facilitar as plantas ornamentais aos que as solicitaron. Tamén estivo a encargada da oficina Diana Ramos, botándolles unha man.

Como en edicións anteriores, o Concello solicitou a participación dos veciños nas rúas do Barco polas que discorre o Camiño de Inverno para engalanar as vivendas que locen, se cabe máis bonitas de cara aos peregrinos que pasen pola vila. Porén, puxéronse a disposición dos habitantes desas rúas plantas con flores de diferentes especies, que disporán de balcóns ou terrazas axeitados, para contribuír a decorar os edificios situados no Camiño.

O Concello entregou as plantas, cun máximo de 6 unidades por vivenda ata completar existencias. O horario de recollida foi de 17:00 a 20:00 horas na Praza de Abastos. concentrándose a maior parte de xente na primeira hora.

Os solicitantes tiveron que comprometerse a completar o número total dos seus balcóns ou terrazas coas súas propias flores.