domingo. 08.06.2025

O Concello do Barco conmemora a celebración do Día internacional do Orgullo LGTBI

O Concello "chama ao conxunto de valdeorresas e valdeorreses a adherirse, un ano máis, á conmemoración do Día Internacional do Orgullo LGTBI como parte do seu compromiso coa igualdade de trato e de oportunidades"
portada-somoscomarca-iluminaci-on, concello-202306-08+
O Concello do Barco conmemora a celebración do Día internacional do Orgullo LGTBI

O Concello do Barco de Valdeorras participa de xeito activo na celebración do Día Internacional do Orgullo LGTBI, que se conmemora hoxe, coa posta en marcha de diferentes iniciativas, como a colocación de bandeiras arco iris nos edificios municipais  e a iluminación nocturna da fachada da Casa do Concello coas mesmas cores inicouse o luns, e se manterá durante os próximos días. 

Os tres grupos políticos que integran a Corporación Municipal firmaron unha declaración institucional proposta polo grupo de Goberno, na que se indica, entre outras cousas, que o Concello do Barco de Valdeorras "chama ao conxunto de valdeorresas e valdeorreses a adherirse, un ano máis, á conmemoración do Día Internacional do Orgullo LGTBI como parte do seu compromiso coa igualdade de trato e de oportunidades e como un principio fundamental e unha tarefa prioritaria para as administracións locais".

Ademáis, o Concello do Barco colabora co colectivo LGTBI de Valdeorras, que organizou un acto que terá lugar este vernes, 30 de xuño, a partir das 19,00 horas na Praza do Concello. Durante o acto procederase á lectura dun manifesto e á actuación musical do grupo "Distopik".

O Concello do Barco conmemora a celebración do Día internacional do Orgullo LGTBI