Comeza a colocación das luces das Festas do Cristo no Barco

Comeza a colocación das luces das Festas do Cristo no Barco.
A empresa encargada da iluminación é Electromiño

As rúas do Barco comezan a "vestirse" de festa. Na mañá deste martes, 3 de setembro, os operarios iniciaron a colocación das luces que iluminarán a vila durante o Cristo 2024. 

A empresa encargada da iluminación é Electromiño. A ubicación das luces serán similares á de todos os anos, tendo como principal obxectivo animar aos veciños e veciñas nestes días festivos que chegan.

O alumeado acenderase nas vindeiras xornadas, unha vez arrinque o programa festivo do Cristo.