Cine infantil para escolares no Teatro Lauro Olmo con aforo completo nas tres xornadas

Cine infantil para escolares no Teatro Lauro Olmo con aforo completo nas tres xornadas
Preto de 900 alumnos e alumnas de Infantil e Primaria participan nesta proposta cultural que ten como obxectivo achegar o sétimo arte aos máis pequenos e fomentar entre eles o gusto polo cine

O Teatro Lauro Olmo de O Barco énchese de ilusión esta semana coa chegada dunha nova edición da iniciativa «Cine para escolares», organizada pola Concellería de Cultura e Educación. Preto de 900 alumnos e alumnas de Infantil e Primaria participan nesta proposta cultural que ten como obxectivo achegar o sétimo arte aos máis pequenos e fomentar entre eles o gusto polo cine.

A actividade, dirixida ao alumnado dos centros educativos do municipio, comezou este martes, 1 de abril, cunha primeira sesión ás 10.30 horas para o colexio Divina Pastora, que completou as 280 prazas dispoñibles. O mércores 2 será a quenda do CEIP Condesa Fenosa, cun pase ás 10.00 horas, tamén con aforo completo. E o xoves 3, ás 11.30 horas, serán os estudantes do Otero Pedraio e Julio Gurriarán os que disfruten desta experiencia, que volverá encher a sala.

A película elixida é unha sorpresa para os nenos e nenas, o que engade un toque de emoción a unha xornada que combina aprendizaxe, cultura e entretemento. O Concello contactou directamente cos centros para organizar as proxeccións, garantindo así a participación de todo o alumnado interesado.