domingo. 04.06.2023

O Centro Comercial Aberto do Barco puxo en marcha a campaña Na procura de... María Victoria Moreno coa colaboración dos equipos de normalización lingüística dos centros educativos da vila. O obxectivo principal, apoiar a lingua galega e fomentala. Segundo conta a presidenta do CCA, Sandra Moldes, dita campaña consistirá «na colocación de cadros, feitos por rapaces de tódolos centros da vila, coa imaxe da escritora que protagoniza o Día das Letras Galegas 2018, nos escaparates dos establecementos asociados».

Xunto cos cadros tamén haberá dous títulos de obras de distintos autores de literatura galega e «os rapaces terán que averiguar se os títulos das obras son ou non son de María Victoria Moreno. Tras cubrir o folleto e entrégalo na asociación, entrará a formar parte dun sorteo de material escolar. Participan en total 33 establecementos na xincana cun total de 66 obras, dúas por establecemento.

A campaña permanecerá activa entre os días 16 e 31 de maio, coa participación dos institutos IES Lauro Olmo e IES Martaguisela, o CEIP Julio Gurriarán, o Colexio Plurilingüe Divina Pastora, o CEIP Otero Pedrayo e o CEIP Condesa de Fenosa.

O CCA do Barco propón unha xincana literiaria en apoio da lingua galega