
BNG quere crear a Axenda Territorial Galega para o impulso das comarcas ourensás como Valdeorras
Noa Presas comprométese a impulsar a recuperación da Área Sanitaria

Dende o Bloque Nacionalista Galego vólvense centrar na sanidade de Valdeorras e nas estradas. De feito, Noa Presas comprométese «a impulsar a recuperación da Área Sanitaria e a incorporación de profesionais para garantir unha sanidade pública de calidade».
Durante o acto, Presas estivo acompañada pola alcaldesa nacionalista do Concello da Rúa, María Albert, o portavoz municipal do BNG no Concello do Barco e tamén candidato, Suso Vilasánchez, e a senadora nacionalista, Carme da Silva.
A cabeza de lista do BNG en Ourense, Noa Presas, pediu, onte 5 de febreiro, o apoio da veciñanza do Barco de Valdeorras nestas eleccións. Dicindo que os invita a «participar dun momento histórico tendo, por vez primeira, unha presidenta nacionalista coas mans libres para defender os intereses dos galegos e das galegas».
Presas tamén avanzaba o interese de crear unha Axenda Territorial Galega para «avanzar cada a un país máis vertebrado e con maior cohesión social e económica». Segundo a candidata o punto de partida «é o reequilibrio territorial, garantir unha alternativa de futuro para todas as comarcas ourensás e que Galiza sexa un País sen galegos de primeira e de segunda».
As estradas tamén estiveron presentes no discurso de Presas, asegurando que dende o partido «comprometémonos a dotar dos recursos económicos necesarios para mellorar esta vía e construír ese terceiro carril».
Por outra banda, un dos puntos nos que sempre fai fincapé é na sanidade de Valdeorras. Nesta ocasión, asegura que o BNG «fará en materia sanitaria será a modificación do Decreto que regula as Áreas Sanitarios e os Distritos Sanitarios para recuperala».
A senadora do partido, Camen da Silva, tamén fixo un chamamento para «ter a unha Presidenta do BNG que ninguén lle dirá até onde pode chegar na defensa dos intereses dos galegos e galegas. Unha Presidenta do BNG negociará por, exemplo, para que Valdeorras teña garantido un servizo ferroviario adaptado ás necesidades actuais para unhas infraestruturas de calidade».