O Barco vive a maxia das letras cunha Feira do Libro

somoscomarca_20250517_obarco_malecon_feriadellibro (5)
Unha xornada repleta de actividades, autores e diversión para toda a familia na contorna  do Paseo do Malecón

Este sábado 17 de maio, ás 11:00 da mañá, inaugúrase na contorna do Paseo do Malecón a tradicional Feira do Libro, un evento que promete converterse nunha cita imprescindible para amantes da lectura de todas as idades. Durante todo o día e tamén o domingo 18, a feira ofrecerá unha ampla variedade de actividades para o público, desde contacontos ata presentacións de libros, pasando por Scape Rooms especialmente deseñadas para os máis pequenos.

A feira conta con nove casetas onde participan librerías do Barco e Quiroga, así como asociacións e o propio Concello do Barco, creando un espazo de encontro e intercambio cultural. Entre os autores convidados, haberá ocasión de coñecer e compartir momentos especiais con escritores como Silvia Penide, Sergio Borrajo e Julio Pérez, que participarán en sesións de firma e presentacións.

Actividades do sábado 17 de maio:

Ás 13:30 e ás 17:30 horas, os máis pequenos poderán participar no emocionante Scape Room: O tesouro das Cantareiras, unha actividade interactiva especialmente deseñada para nenos de entre 7 e 11 anos, onde deberán traballar en equipo para descubrir o segredo e atopar o tesouro escondido.

Ás 18:30 horas, o público poderá gozar da actuación de Christian Barrio, un artista que sorprenderá con súa proposta cultural. Seguirá, ás 19:00 horas, a intervención de Fernando Hernández, que compartirá as súas ideas e experiencias literarias. Ás 19:30 horas, a directora de Cerci, Carmen Malvi, ofrecerá unha charla que promete ser inspiradora e enriquecedora. Para rematar a noite, ás 20:00 horas, o escritor Miguel Rodríguez presentará as súas últimas obras, nunha sesión de firma e conversa con lectores.

Actividades do domingo 18 de maio:

Comenzará ás 12:00 horas cunha sesión de contacontos con Ana Meilán, ideal para os máis cativos, que se mergullarán no mundo das historias e a imaxinación. Ás 13:30 horas, o escritor Francisco Naria presentará o seu libro El Buen Vasallo, unha oportunidade para coñecer en primeira persoa o proceso de creación literaria.

Pola tarde, a partir das 16:30 horas, o poeta Amador Fonfría ofrecerá unha lectura de seus poemas, seguida pola actuación de Andrea Mic ás 17:00 horas, que traerá música e poesía para todos. Ás 17:30 horas, Mercedes Barros presentará o seu traballo literario, e ás 18:00 horas, terá lugar unha interesante charla-coloquio con Francisco Naria sobre a narrativa actual, onde os asistentes poderán compartir ideas e preguntas. Para rematar, ás 19:00 horas, a escritora Alba Mac pechará a xornada con unha sesión especial de lectura e firma de libros.