lunes. 23.06.2025

O Barco vibrou coas danzas e músicas das Xornadas de Folclore

O grupo Sudafricano Amezebra volveu ás actuacións tras o falecemento do seu director nun Barco que gardou un minuto de silencio antes de comezar as Xornadas

O Campo da Festa, no Parque do Malecón do Barco, foi o escenario do segundo día das Xornadas, que retomaron a súa normalidade despois do falecemento do director da agrupación sudafricana, George Oflilant, a quen se lle adicou un minuto de silencio.

As máis de 1000 persoas que asistiron esta cita ca multiculturalidade da danza e da música permaneceron en rigoroso silencio durante ese minuto, no que ademais foron numerosos os asistentes que se ergueron coa man no corazón en sinal de respecto e dor.

somoscomarca_obarco_xornadasfolclore_2023 (27)
Cantos de Amezebra

O grupo de Sudáfrica, Amezebra, incorporouse onte, no Barco, ao programa das XXXVIII Xornadas de Folclore, tras o falecemento do seu director. A agrupación tomou a decisión de seguir a xira para «render homenaxe e lembrar» a figura do seu director, falecido en Ourense.

somoscomarca_obarco_xornadasfolclore_2023 (11)
Saúdo final do grupo do finado  George Oflilant

Estremeceron a súas voces en solitario, tanto a do home como a da muller que encheron a explanada da festa coa súa forza. Os 30 artistas interpretaron na primeira actuación unha danza que  se realiza antes da caza e das batallas.

somoscomarca_obarco_xornadasfolclore_2023 (57)
A esencia do tango arxentino sobre o escenario

Os arxentinos do Ballet Folclórico Latinoamericano Santiago del Estero, Bafolse, foron os encargados de abrir as Xornadas no Barco. Logo dunha interpretación colosal do significado e o sentir do tango, a quenda foi para os ecuatorianos do grupo Tungurahua. Significar a presenza dun grupo emocionado de ecuatorianos que viven en Valdeorras aos  que lles emocionou a actuación dos seus paisanos.

somoscomarca_obarco_xornadasfolclore_2023 (53)
Un grupo de ecuatorianos afincados na comarca emocionado ao ver e sentir aos seus paisanos

Os compoñentes das agrupacións de Ecuador, Sudáfrica e Arxentina ofreceron unha mostra do folclore de dous continentes diferentes que, a pesares dos miles de quilómetros de distancia, manteñen algunhas raíces común.

somoscomarca_obarco_xornadasfolclore_2023 (44)
Impresionantes xiros das faldas do grupo ecuatoriano

O Folclore chega a Manzaneda

A agrupación folclórica de Bolivia será a encargada de abrir a noite de danzas e músicas do mundo en Manzaneda. Bafopaz, actuará acompañado polas agrupacións folclóricas de Tahití e Ucraína que estiveron antonte na Rúa. Hoxe, 10 de agosto, ás 22, 30 horas no patio colexio de Manzaneda.

somoscomarca_obarco_xornadasfolclore_2023 (3)
Os panos ao vento do grupo arxentino

O Barco vibrou coas danzas e músicas das Xornadas de Folclore