O Barco habilita puntos de subministro de auga potable para a veciñanza da comarca
Os incendios que arrasan Valdeorras desde hai días deixaron sen auga potable a varios concellos da comarca. Ante esta situación, O Barco de Valdeorras convértese nun punto de apoio esencial ao garantir que a auga do seu servizo domiciliario mantén todas as garantías sanitarias necesarias para o consumo.
Por este motivo, o Consorcio de Auga de Valdeorras e o Concello do Barco acordaron habilitar dous puntos de subministro que estarán a disposición non só da veciñanza do municipio, senón tamén dos habitantes dos concellos limítrofes que precisen abastecerse.Los dos puntos de subministro:
- Parque Empresarial da Raña
- Praza de Viloira
Deste xeito, O Barco de Valdeorras busca dar resposta ás necesidades máis urxentes derivadas da emerxencia provocada polos lumes, garantindo que a poboación da comarca poida acceder a auga potable con todas as garantías sanitarias.