viernes. 29.03.2024
portada

O Concello de O Barco de Valdeorras habilitará finalmente a escollera sita na beira do río, preto da Praza Maior.

A zona da escollera foi susceptible de varios procesos que non remataron de funcionar. Nun primeiro momento o equipo de goberno barquense redactou un proxecto que pretendía crear unha área con bancadas, coa idea de que os veciños puidesen tomar o sol ou descansar dun paseo. A Confederación Hidrográfica do Miño Sil suxeriu varias modificacións neste proxecto do concello e volveu facer outro -coa mesma filosofía, pero con algúns cambios-, que entregou á Comisaría. Esta presentou un informe desfavorable considerando que a obra modificaría o caudal do río. "Era el segundo proyecto que se pagaba por dos administraciones. Luego llegó la crisis y dejaron de hacer inversiones", explicou Alfredo García, alcalde de O Barco, engadindo que: "Yo no comparto los motivos por los que esa obra se informaba desfavorablemente, porque no es verdad, en caso de crecida no iba a subir el agua ni medio centímetro  ya que haríamos las bancadas encima de las piedras actuales"."Para no perder el tiempo con discusiones inutiles, optamos por otra solución", conclúe García.

A idea agora é botar uns 20 ou 30 centímetros de terra por riba das pedras que conforman a escollera e plantar céspede e sistema de rego para manter a zona verde durante todo o ano. Esta obra terá un mantemento e limpeza máis dificultosos, pero fará habitable esta área ata agora en desuso. "Es una opción muy interesante porque está orientada totalmente al sur y muchos días de sol allí se puede estar estupendamente", sinala Alfredo García.

O Concello construirá ademais dous accesos: un polo Porto da Barca, e outro dende a zona do casino, polo que se poñerá unha escaleira. Esta última obra esperan levala a cabo a través do obradoiro de emprego.

Ata o de agora estase limpando a maleza da zona para comezar a botar terra e plantar céspede. Ademais, o Concello de O Barco quitará algunhas árbores e estudará qué facer cos chopos, que están demasiado grandes e poden causar algún dano potencial.

O Barco creará unha zona verde na escollera situada preto da Praza Maior