sábado. 31.05.2025

A bandeira arco iris xa ondea no Edificio Multiusos e na Casa Consistorial

O venres 28 de xuño conmemórase o Día Internacional do Orgullo LGTBI+. A lectura do manifesto e a proxección dun documental na Rúa e un concerto no Barco conforman o programa de actividades desta data
somoscomarca_240625_obarco_bandera_orgullo408
A bandeira arco iris xa ondea no Edificio Multiusos e na Casa Consistorial.

O Concello do Barco colabora este ano con asociacións da comarca para a celebración do Día Internacional do Orgullo LGTBI+, que se conmemora este venres 28 de xuño. Hoxe, martes 25, foron colocadas as bandeiras arco iris no Edificio Multiusos e na Casa Consistorial. Este último iluminarase coas mesmas cores nas noites dos días 28, 29 e 30 de xuño.

somoscomarca_240625_obarco_bandera_orgullo407

Neste ano 2024 prográmase un conxunto de actividades no Barco e na Rúa para conmemorar o Orgullo. Este sábado 28 de xuño lerase o manifesto na praza do Concello da Rúa ás 12:00 horas. Xa pola tarde, ás 20:00 horas proxectarase o documental "Testigos de un tiempo maldito", de Javier Larrauri, no Centro Cultural Avenida. 

Xa no Barco, o domingo día 30 terá lugar un concerto de "Piratas sen Parche" ás 20:00 horas na Praia Fluvial Malecón. Alén diso, os tres grupos políticos que integran a Corporación municipal barquense asinaron un manifesto conxunto, que comeza coa frase «Todos os seres humanos nacen libres e iguais en dignidade e dereitos».

A bandeira arco iris xa ondea no Edificio Multiusos e na Casa Consistorial