
Merelles e Santos, PP e PSOE saúdanse antes da pegada de carteis

Santos saúda a Vilasánchez do BNG


Xosé manuel Merelles na pegada do Barco

Eladio Santos, na praza do Concello do Barco, «desta vai»

O grupo municipal do PP xunto a Merelles na pegada de carteis

Eladio Santos e Alfredo García

Roberto Quiroga, Durán e Avelino seco con simpatizantes do BNG na Rúa

Suso Vilasánchez, «agora!» pegando o cartel de Ana Ponton

Suso Vilasánchez e Manuel Agra












A Praza do Concello do Barco foi o lugar elixido para a tradicional pegada de carteis de tres dos catro políticos valdeorreses que integran as listas por Ourense, ás eleccións da Xunta do vindeiro 18 de febreiro.
Eladio Santos que vai no posto número catro polo PSdG-PSOE estivo acompañado polos compañeiros de partido e moitos dos concelleiros da corporación municipal entre os que se atopaba o alcalde, Alfredo García.
Xosé Manuel Merelles que ocupa o décimo lugar na lista dos populares estivo acompañado polos 5 concelleiros do Barco e Suso Vilasánchez do BNG polos tres da forza nacionalista do mesmo concello.
María González Albert elexía a rotonda da gasolineira da Rúa xunto o responsable do Bloque Nacionalista Galego, Roberto Quiroga e simpatizantes do partido para a pegada de carteis.
Outra valdeorresa, Mercedes González Pazos, integra a candidatura da plataforma Sumar Galicia. A delegada sindical de CCOO e funcionaria da xunta encabeza a lista desta formación política.
Desde a pasada media noite xa se pode pedir o voto e os tres integrantes das listas así o fixeron. Un ambiente distendido, de complicidade e sorisos entre os tres valdeorreses que integran estas tres candidaturas.
Video do bo ambiente que se vivía nos primeiros minutos de campaña: