Ao volver de viaxe, a revisar a equipaxe
A presenza non desexada dalgúns animais e insectos na nosa vida cotiá pode provocar máis dunha situación desagradable. Por exemplo coas ratas, que buscan refuxio e alimento, ou as chinches, que chegan con nós ou coa nosa equipaxe dalgún viaxe —por exemplo—.
Agora que chega setembro non está de máis lembrar que podemos facer para evitar estas "visitas" e como actuar en caso de telas. para iso falamos con José Antonio Quiroga, de Sergal.
SOMOS COMARCA: Comezamos coas ratas. Que temos que saber?
JOSÉ ANTONIO: Son uns animais vectores de moitas enfermidades, tanto as que trasladan a través dos seus excrementos como se nos atacan e nos morden. Por exemplo tifus. É clave acudir ao hospital inmediatamente.
SC: Que deben facer os Concellos para controlalas?
JA: Aínda que en calquera vivenda pode haber ratas, está claro que é un animal que está no alcantarillado, e iso xa é obriga dos Concellos. O que deben facer é ter contratada unha empresa de control de pragas cun plan verificado e efectivo, e telas controladas. Polo menos que non acaben véndose polas rúas, como ás veces pasa.
SC: E se falamos das vivendas, como podemos previlas nós?
JA: Debemos evitar que haxa buracos nas paredes, pechar as portas e, o máis importante, non deixar almacenada comida, porque é un atraínte. Os animais buscan comida e refuxio e por iso debemos evitar darlles iso. E xa se hai unha praga real, chamar a unha empresa especialista.
Temos que ter en conta que unha rata ten unha forza de presión de 1.000 quilos por centímetro cadrado, porque roen cemento e ferro.
SC: Hai máis ratas nesta época do ano?
JA: Non é un tema estacional. Obviamente en primavera ou verán actívase pola calor. O gran problema dos roedores é que son moi prolíferos: aos tres meses de nacer queda embarazada, aos 23 días paren, e trae entre oito e 20 crías. E esas volven quedar embarazadas aos tres meses.
«Sempre debemos revisar a equipaxe cando voltamos»
SC: Outra especie de acompañantes non desexados son as chinches...
JA: Falamos das chinches, as de cama. Dende hai un ano expandiuse moito, sobre todo polo Camiño de Santiago. Antes considerábase anecdótico, pero agora é algo importante. As chinches pican cando durmimos, atraídas pola calor humana. Non vai pasarnos nada máis pero a pel se irrita e é molesto.
SC: Que debemos facer para evitalas?
JA: Antes de chegar a casa hai que revisar a equipaxe, nas costuras, na roupa, para ver que non traemos nada. Se traemos hai que chamar a un experto porque é moi difícil de erradicar e reprodúcese moi rápido. Pode ser un problema, aínda que non transmita nada.
SC: Como é traballar neste oficio?
JA: Este mundo da sanidade ambiental, non de control de pragas, é un mundo apaixonante dende o punto de vista de que sempre tes cousas que aprender. Patoloxías diferentes e novas. É fascinante. Ás veces tes momentos complicados pero fóra diso é un mundo en contacto coa natureza, no que estás innovando e segues avanzando.
Pode escoitar a entrevista completa no seguinte enlace de audio: