sábado. 07.06.2025

Alixo reuniu a mais de 200 persoas nun xantar popular

Xantar popular en Alixo
OLYMPUS DIGITAL CAMERA

Alixo celebrou a sétima xuntanza veciñal en torno a un xantar no que o prato principal e o xabarín dos seus propios montes. O redor de duascentas persoas acudían o patio da escola, convertida nun centro de reunión veciñal, para degustar entremeses ibéricos, empanadas feitas polas mulleres do pobo nos fornos tamén restaurados e o prato forte o xabarín guisado por Marino que coma el nos contaba, “o importante é o aderezo, allo, cebola, loureiro e ourego collido nos nosos montes, patacas tamén de aquí e sobre todo moito cariño para facelo”.  Baltasar, un dos organizadores, comentaba, “esta festa púxose en marcha para reunir aos veciños que estamos fora todo o ano. Eramos máis de 60 veciños e hoxe tan só quedan 7 ou 9. Ademaís deste encontro anual, todos os meses facemos asados nos fornos restaurados e poñemos as cousas do pobo o día”.

A comida estivo amenizada pola música da charanga “Los Imparables”, o son da cal os comensais bailaron despois do xantar.

De Zaragoza, Madrid ou do Barco, todos aproveitaron o momento para falar do que os une, o seu pobo, Alixo.

Alixo reuniu a mais de 200 persoas nun xantar popular