
Os XV Xogos do Eixo Atlántico arrincaron en Vila Nova de Famalicão
Un total de 40 deportistas do Barco compiten nesta proba, que foi inaugurada polo alcalde barquense, Alfredo García

Un total de 40 deportistas do Barco compiten nesta proba, que foi inaugurada polo alcalde barquense, Alfredo García
Esta nova edición dos Xogos do Eixo Atlántico, que se celebran cada dous anos, foi inaugurada o pasado domingo 30 de xuño nos xardíns de Paços do Concelho de Vila Nova de Famalicão ás 17:00 horas (hora local) polo alcalde do Barco e presidente da Asemblea do Eixo Atlántico, Alfredo García.
O acto contou co desfile das delegacións que participan este ano e que reúne a preto de 2.400 inscritos, a cifra máis alta nos 30 anos de existencia dos Xogos.
As modalidades deportivas nas que se compiten son balonmán feminino e masculino, voleibol feminino, baloncesto masculino e feminino, natación e natación adaptada, atletismo e atletismo adaptado. Como novidade desta edición, ao Fútbol 7 masculino súmase Fútbol 7 feminino.
Representado a O Barco de Valdeorras, están nestes xogos 10 xogadores de baloncesto masculino, 10 xogadoras de baloncesto feminino, 10 participantes en atletismo masculino, e 10 en atletismo feminino.
O pasado xoves, 27 de xuño, Alfredo García e Aurentino Alonso —concelleiro de deportes—, recibían a todos os xogadores no Multiusos do Concello do Barco. Xunto a eles atopábanse José Luis Gómez, Victoria, e Tinín González.
«Gracias e moita sorte. Sei que o idea facer ben e deixar a bandeira do Barco moi alta», aseguraba Alonso. Pola súa banda, o alcalde do municipio facía fincapé en que «o importante é participar porque tampouco sabemos o nivel dos rivais».