
A repoboación e a atracción de turismo, dúas accións que están moi presentes nos pobos e en toda a zona rural. Neste caso, vámonos ata Manzaneda para mergullarnos máis a fondo nos proxectos que teñen entre mans. Iso si, sen esquecernos de falar un pouco do Entroido.
O ano 2023 cerrábano anunciando a participación do concello na IV Edición do Holapueblo. «Para participar nel xa nos pedían un listado de algunhas vivendas para por en alugueiro ou venta. O próximo paso que vamos facer é por un bando por todas as aldeas para que todos os veciños que o desexen, poder publicar fotos da súa casa no Holapueblo ou na nosa propia páxina», explica Amable Fernández, alcalde do Concello de Manzaneda.
Dende o concello tamén están implicados para este 2024 é no tema das montañas. «Estamos os catro concellos que, de feito, tamén facemos o obradoiro de emprego. Consideramos que vai ser moi divulgativo en tema de publicidade, xa que as xornadas solen vir alcaldes de distintas zonas», aclara o alcalde.
Fernández é optimista coa entrada no consorcio de Ribeira Sacra. Esta incorporación implica a posibilidade de promocionarse turísticamente como parte dun territorio que opta a ser Patrimonio da Humanidade.
As actividades para este Entroido
«Xa comezaron este sábado, día 13, a dar as primeiras rondas de fulións», conta Fernández. Así que, o Entroido está oficialmente inaugurado no Concello de Manzaneda.
«Todas as semanas haberán rondas, normalmente, venres e sábado que é cando hai máis xente», explica o alcalde. O primeiro día sinalado é o 27 de xaneiro, momento no que A Mourela Pra Acá fará a foliada. «O 11 de febreiro é o día grande da Parroquia de San Mariño, e o 13 é cando será o desfile de fulións en Manzaneda, rematando cun xantar popular», conclúe o alcalde.