Vitis Lumen, a ruta que naceu do lume para devolverlle a vida a Larouco

A primeira ruta de adegas do barrio de Soane converterá o viño, o patrimonio romano e a unión veciñal nunha celebración que xurdiu tras os incendios do pasado verán

Hai festas que nacen arredor dunha tradición. Outras dunha idea compartida nunha reunión. E hai algunhas, moi poucas, que nacen mentres un pobo loita por salvar a súa terra.

Así comezou Vitis Lumen, a nova ruta vitivinícola que Larouco estreará o próximo 8 de agosto. Non xurdiu nun despacho nin detrás dunha mesa, naceu entre veciños que compartían botellas de auga, bocadillos e horas de incerteza mentres observaban como o lume avanzaba cara ás súas casas.

«Unha das cousas boas que nos trouxo o lume foi demostrar que eramos unha comunidade incrible. Desa unión, desas charlas mentres esperabamos por onde viña o fogo ou desas paradas para beber auga e comer algo, saíu a idea de facer esta ruta», lembra a alcaldesa de Larouco, Patricia Lamela.

Daquela conversa espontánea xurdiu unha pregunta tan sinxela como ilusionante: «Por que non facer unha ruta de adegas en Larouco?». Hoxe esa pregunta xa ten resposta.

Moito máis ca unha ruta do viño

O barrio de Soane converterase, a partir das 18.30 horas, nun percorrido entre adegas onde os asistentes poderán degustar os viños elaborados en Larouco acompañados dunha ampla selección de produtos galegos.

«Os nosos viños van estar acompañados desa alimentación tan rica que temos na nosa terra, como os pementiños da Arnoia ou os queixos premiados en Galicia. Non vai ser só unha ruta de adegas, senón unha experiencia gastronómica con produtos de calidade», explica a rexedora.

A organización decidiu que o protagonismo recaese nas adegas e non nas covas tradicionais. E ten unha explicación moi clara. Aínda que Soane conserva un importante conxunto de covas escavadas na rocha, moitas delas atópanse á beira da estrada OU-536, polo que sería necesario cortar unha vía con bastante tráfico para garantir a seguridade dos asistentes. Por iso, o percorrido desenvolverase polas adegas do barrio, mantendo intacta a esencia vitivinícola do lugar.

Vinos y productos con sello de calidad gallego

Además del recorrido por las bodegas participantes, Vitis Lumen ofrecerá un espacio dedicado a la gastronomía gallega con calidad diferenciada. Entre las 18.30 y las 21.30 horas, los asistentes podrán degustar una selección de productos amparados por denominaciones de origen, indicaciones geográficas protegidas y el sello de Artesanía Alimentaria de Galicia.

El recorrido gastronómico incluirá embutidos de cerdo celta —chorizo, salchichón y jamón curado— elaborados por Jamones González, acompañados de Pan de Cea IXP y Pan Galego IXP.

También habrá una degustación de quesos y mieles premiados en las Catas de Galicia, con variedades como Arzúa-Ulloa, Tetilla, Cebreiro y San Simón da Costa, junto con miel de Galicia y pan tradicional. Esta actividad será presentada por Salomé Beiroa.

La propuesta se completará con elaboraciones de Ternera Gallega IXP acompañadas de Pementos de Herbón DOP, además de una degustación de Grelos de Galicia IXP en forma de empanada de lacón y otras especialidades preparadas por el chef José Manuel Mallón Ardións.

Como broche dulce, los asistentes podrán probar xeados artesanos de arándanos, requeixo con mermelada y otras elaboraciones sin gluten ni lactosa de la firma Xearte Brigitte, todas ellas amparadas por el sello de Artesanía Alimentaria de Galicia.

De este modo, Vitis Lumen convertirá la Ruta Vinícola de Larouco en una experiencia que unirá vino, patrimonio y gastronomía, ofreciendo a los visitantes un recorrido por algunos de los productos más representativos de la calidad agroalimentaria gallega.

Un paseo por dous mil anos de historia

Vitis Lumen non será só unha cita gastronómica. Será tamén unha viaxe polo pasado de Larouco. A ruta comezará nun dos trazados da antiga Vía Nova, a calzada romana que unía Braga con Astorga e que deixou unha profunda pegada nesta comarca.

«A ruta comeza nun trazado da antiga Vía Nova. Quen se achegue poderá darse conta da importancia que tivo este paso romano e descubrir unhas estruturas impresionantes que aínda conservamos», explica Patricia Lamela.

Larouco leva anos sorprendendo polos seus achados arqueolóxicos. Os lagares romanos descubertos na contorna confirmaron unha tradición vitivinícola que se remonta a séculos atrás. Agora, ese pasado servirá tamén de escenario para unha festa ambientada no mundo romano e castrexo.

Recuperar a memoria dun pobo

Se hai algo que emociona á alcaldesa cando fala desta festa non é só o viño. É o traballo colectivo que permitiu recuperar espazos esquecidos.

Desde que naceu a asociación Sempre en Larouco, formada por mozos e mozas do municipio, decenas de voluntarios levan meses limpando antigas adegas para devolvelas á vida.

«Estes días estamos volvendo quedar todos os voluntarios. Onte mesmo limpamos outra adega, a terceira, e estámolo pasando pipa», conta entre risas.

Ese traballo permitiu descubrir pequenas xoias que levaban anos ocultas. «Nunha das adegas apareceu un carro de bois en perfecto estado. Ninguén sabía que estaba alí. Son esas pequenas cousas que aínda nos quedan nos pobos e que non podemos deixar perder», asegura.

Cada limpeza, cada pedra recuperada e cada recuncho posto en valor forman parte tamén da filosofía de Vitis Lumen: reivindicar un patrimonio que moitas veces permanece invisible incluso para os propios veciños.

Unha madriña nacida da solidariedade

A cantante Lucía Pérez será a encargada de apadriñar esta primeira edición. E tampouco esa elección foi casual. Segundo explica Patricia Lamela, todo comezou despois dos incendios que afectaron á comarca. A artista, sensibilizada co vivido en Larouco, ofreceuse para actuar no municipio.

«Ela mesma se ofreceu para vir a Larouco. Díxonos que lle faría moita ilusión demostrar, como unha galega máis, que estaba con todos nós despois do mal que o pasamos», lembra a alcaldesa.

Ese xesto deu pé a convertela tamén na pregoeira desta primeira edición, que abrirá oficialmente unha celebración chamada a consolidarse no calendario estival da comarca.

O viño como símbolo dunha nova etapa

As entradas para participar na ruta teñen un prezo de 20 euros e inclúen o percorrido polas adegas participantes. Os nenos de 0 a 4 anos accederán gratuitamente e haberá un campamento infantil para rapaces de 5 a 11 anos, atendido por monitores.

Pero, máis aló da programación, Vitis Lumen representa algo difícil de medir. Representa un pobo que decidiu transformar a lembranza do lume nun proxecto colectivo. Unha comunidade que converteu a solidariedade daqueles días nun motivo para volver reunirse, brindar e ensinar ao mundo a riqueza do seu patrimonio.

O nome da festa non podía ser máis acertado, «Vitis Lumen», o viño e a luz. Porque se algo demostrou Larouco nos últimos meses é que, mesmo despois do lume, sempre pode haber un camiño para volver iluminar un pobo. E ese camiño, nesta ocasión, discorre entre adegas, historia, gastronomía e veciños que decidiron que a mellor resposta á adversidade era seguir construíndo futuro xuntos.

Tu prueba Premium ha finalizadoTu prueba Premium ha finalizadoTu prueba Premium ha finalizado