Este domingo 2 de xuño tivo lugar unha ruta interpretativa na que participou un total de 125 persoas «para dar a coñecer algún dos vestixios que ten Larouco. Non é unha andaina deportiva ao uso, senón tamén cultural e patrimonial», contaba un dos seus organizadores, Antonio Vázquez. Houbo tres modalidades de percorrido e todas elas partiron ás 10:00 horas dende a igrexa de Larouco.

«A ruta corta é de aproximadamente 4,8 kilómetros, e visitaremos unha charca que se fixo hai pouco, o Lagar das Penelas e faremos unhas actividades na aula de natureza de Freixido e no pavillón municipal; a opción media é de 12 km, na que visitaremos as covas de Seadur; e o percorrido máis longo é de 14,8 kilómetros e subiremos á Pena Falcoeira, cunhas excelentes vistas de toda a contorna».

Xa cando remataron estes tres roteiros, arredor das 14:00, houbo un xantar no pavillón e un sorteo de agasallos para os participantes.
Se desexa escoitar a entrevista completa pode facelo no seguinte enlace de audio: