Máis de 70 vivendas de Larouco participan no concurso de Nadal
Son máis de 70 as casas participantes no segundo concurso de Decoración de Nadal promovido polo concello de Larouco co que se pretende que o municipio se encha de luces coa colaboración dos veciños.
Con esta iniciativa búscase que as casas e barrios de Larouco se vistan de luz e. porque non que a xente dos arredores se achegue a visitar esta vila.
A primeira casa que nos recibe a entrada de Larouco, indo desde Petín, xa nos fai querer ver máis; está preciosa. Seguindo pola rúa principal chegamos a igrexa que non pode estar máis bonita, e ao Concello e, é que desde a entidade local tamén aportaron o seu grao de area vestindo de luz os edificios públicos e prazas. Tamén se puxeron arcos de luz nesta e outras rúas.
Mire onde se mire todo está colorido, até o punto de descubrir rúas e recunchos nos que ninguén que non sexa de Larouco pasou. Y é que Larouco é un lugar de paso é os que nunca estivemos cremos que só é unha rúa pero hai un enxame de casas por todo o municipio que son dignas de ver.
Ademais das casas do núcleo urbano, tamén as de Seadur, Freixido e A Portela participan no concurso cuxo xurado «popular e segredo» outorgará os premios o vindeiro 6 de xaneiro.
Na primeira edición o barrio do Valoiro foi o gañador, aínda cas estrelas, fervenzas de luz, renos, cervos ou bonecos de neve no faltaron en ningún barrio do concello.
No seguinte vídeo podes ver algunhas das casas e das rúas gravadas onte a noite.