Larouco recibirá 50.000 euros da Deputación para destinar ás pistas de petanca
Á Asociación Ruta do Viño de Valdeorras serán asignados 30.000 euros para un convenio colaborador de apoio á Ruta das Covas
A Xunta de Goberno da Deputación Provincial de Ourense vén de celebrar a súa sesión ordinaria semanal, onde se aprobou mobilizar un total de 426.954,8 euros para a cooperación con municipios e diversas entidades da provincia de Ourense.
Deste xeito, un total de 315.500 euros serán destinados a achegas para iniciativas empresariais, sociais, de enoturismo, deportivas e culturais. Así, a Asociación Ruta do Viño de Valdeorras recibirá 30.000 euros para un convenio colaborador de apoio á Ruta das Covas.
O Concello de Larouco recibirá unha achega de 50.000 euros para pavimentación e creación de pistas de petanca na contorna do pavillón municipal.
Para a Copa Deputación, a delegación en Ourense da Federación de Fútbol recibirá 70.000 euros.