O Concello de Larouco ten un novo programa para coidar dos seus maiores

P_somoscomarca_240206_larouco
O Concello recibiu a visita de Perfecto Rodríguez, en representación do Consorcio de Benestar, para presentar o programa Xantar en Casa

O Concello recibía a visita de Perfecto Rodríguez, en representación do Consorcio de Benestar, para presentar o programa Xantar en Casa que «por agora temos hasta 10 comidas concedidas», explica Patricia Lamela, alcaldesa de Larouco. 

Un servizo de comida a domicilio que facilita e garante unha alimentación equilibrada e de calidade adaptada ás necesidades das persoas maiores dependentes con déficit de autonomía persoal tanto para a compra ou a elaboracións de menús.

Buscase como obxectivo principal mellorar o nivel de benestar e a calidade de vida das persoas veciñas dependentes e das familias, retardando ou evitando a institucionalización.

O acordo fixa que inicialmente ata dez persoas serán beneficiarias do Xantar na Casa, unha cifra que se poderá ampliar cando sexa necesario e así o estimen os servizos sociais do Concello. Perfecto Rodríguez explicou que o obxectivo deste «é garantir que calquera maior que viva só, persoa dependente ou que está en risco de exclusión social, reciba na súa vivenda unha comida san e adaptada ás súas necesidades».

¿Cales son as condicións para poder entrar neste programa?

Hai soamente tres condicións para poder estar no proxecto Xantar en Casa:

  • Maiores de 60 anos con limitada autonomía persoal.
  • Persoas dependentes que carezan de apoio familiar.
  • Persoas maiores de 60 anos en situación de exclusión social.

A persoa beneficiaria terá que pagar 1,76 € por cada menú. O resto será achegado polo Concello —1,76 € por cada un—, e a outra parte será financiada pola Xunta de Galicia, a través do Consorcio, cun total de 3,08 €. Todas as persoas que teñan interese en solicitar este novo servizo poden pedir máis información nos servizos sociais do Concello de Larouco.