martes. 01.07.2025

Casi que un cento de participantes na camiñada «Sabores de outono en Larouco»

O Castrillón, o pazo de Freixido, as covas de Seadur e os lagares rupestres romanos foron algúns dos lugares que percorreu esta Ruta Cultural a Larouco
Camiñada sabores de outono en Larouco (2)
Casi que un cento de participantes na camiñada «Sabores de outono en Larouco»

Dentro da programación, organizada pola Área de Benestar, Saúde e Deporte da Universidade de Vigo, chegaron as Rutas Culturais a Larouco coa realización da ruta romana do viño.

Camiñada sabores de outono en Larouco (4)
Camiñando entre viñedos de cores ocres, amarelos e vermellos rumbo a Freixido

Con máis de 80 participantes chegados desde os tres Campus (Vigo, Pontevedra e Ourense) dentro dun percorrido circular de 18 quilómetros e dificultade media, iniciaron o itinerario desde o núcleo urbano de Larouco e con regreso á mesma localidade.

Camiñada sabores de outono en Larouco (3)
Participantes na camiñada sabores de outono en Larouco, na zona do Castrillón

Como caracteriza estas andainas, en cada percorrido ademais de coidar a realización do traxecto dedicouse especial atención a coñecer o patrimonio polo que se transita, contando co apoio de especialistas en arqueoloxía e medio ambiente, neste caso asistiron a unha visita guiada ao castro de O Castrillón, así como algún dos lagares rupestres que existen na zona.

Camiñada sabores de outono en Larouco (1)
Camiñada sabores de outono en Larouco no Castrillón

Seguidamente tras contemplar o Pazo de Freixido de Arriba, os andaríns dirixíronse cara a Seadur, para degustar unha excelente cata de viños e licores nas antigas covas, grazas á magnífica colaboración do Concello de Larouco, dos adegueiros e produtores da zona como as covas de Javier Mateo, A Bodeguilla e moitos outros, que contemplaron o goce dos participantes.

Camiñada sabores de outono en Larouco (5)
Os participantes pousando por riba dun dos lagares romanos

O roteiro completouse coas excelentes vistas desde A Pena Falcoeira, un miradoiro natural ao río Sil e posterior regreso por camiños con castiñeiros centenarios que fixeron as delicias dos asistentes.

Camiñada sabores de outono en Larouco (6)
Saíndo dunha das covas en Seadur

Para finalizar e como vén sendo habitual neste programa de Rutas Culturais da Universidade de Vigo, realizouse un sorteo de agasallos con produtos da zona (viño, bicas, aceite, etc..) entre os presentes na Casa de Papel e Bar Irene.

Camiñada sabores de outono en Larouco (7)
Magníficas vistas do Sil desde Seadur cas momtañas do Courel ao fondo

Casi que un cento de participantes na camiñada «Sabores de outono en Larouco»