viernes. 29.03.2024

Así o reflite o resultado dos test realizados días atrás

Os test feitos polos traballadores da residencia de maiores de Larouco deron resultados negativos segundo confirman desde o centro, quen tamén din que se adoptaron medidas extraordinarias para loitar contra o coronavirus.



«Desde finais do mes de febreiro, en todas as residencias de  DomusVi intensificáronse as medidas de hixiene e protección para salvagardar a saúde dos maiores e dos traballadores nesta crise sanitaria. Xa en marzo, decidiuse que os maiores permanecesen facendo vida nas súas habitacións como a mellor forma de protexelos ante un posible contaxio de coronavirus e pecháronse e  desinfectaron as estancias comúns. Para contrarrestar esta restrición de movementos, desde os diferentes departamentos asistenciais, como o médico ou o de animación sociocultural, deseñaron programas específicos para que os maiores poidan manterse activos tanto física como animicamente», explican.

Comunicación coas familias

Unha vez que se suspenderon as visitas ós centros —a principios do mes de marzo—, reforzáronse as vías de comunicación entre os residentes e as súas familias. Adicouse máis persoal ó devandito labor e implementáronse outras canles como as videochamadas. Igualmente, creouse un grupo de whatsapp para que todos os familiares de referencia de cada un dos usuarios coñecesen a evolución da situación. Tamén se puxo en coñecemento das familias as sucesivas desinfeccións, a realización de test, a recepción de novo material de protección e as novas medidas das autoridades competentes entre outras accións.



«As redes sociais

da compañía tamén son canles onde as familias poden ver as actividades que

realizan os seus seres queridos e así ver como están a vivir estes días de

illamento por culpa da crise sanitaria», sinalan desde o centro de maiores de

Larouco.

A alcaldesa de Larouco orgullosa da accións realizadas

Patricia Lamela sinala que: «Como compañeira dese gran equipo tiña moi claro que ía haber contaxios 0. Son uns grandes profesionais en todos os niveis. Desde cociña ata limpeza, pasando por dirección e coidadoras». Respecto a directora, Sandra García Carrera subliña a entrega que ten ó centro sobre todo desde que xurdiu a pandemia da Covid-19. «Desde que saíu isto do coronavirus traballa de luns a domingo, sen chorar se pasaba moito tempo ou menos dentro das residencia. A súa entrega é total», recalca. «O persoal é todo cualificado e sabe moi ben o que fai. Todos os turnos están cubertos, cousa que é moi importante», segue explicando.

Patricia Lamela, alcaldesa de Larouco</p class=

" class="wp-image-82425 lazyload"/>

Patricia Lamela, alcaldesa de Larouco e traballadora na residencia ata o pasado xuño

A primeira edil de Larouco estivo traballando neste centro xeriátrico 13 anos, até o pasado mes de xuño que colleu a excedencia. Foi unha das primeiras traballadoras xunto a outras dúas, 3 xerocultoras e dous enfermeiros que  xa non están. Como anécdota contounos que a primeira a noite como traballadora —comezou traballando tres noites seguidas— recibiron dun centro de Ourense, que non estaba moi ben atendido varios usuarios «ulían todos tan mal e a roupa cheiráballe tanto que pensei que non ía aguantar o traballo». E si, aguantouno e ben e como ela repite en toda a conversa «estou moi orgullosa do meu traballo e do meu equipo» di referíndose.

Un centro adecuado para persoas con discapacidade

Esta residencia que cumprirá 14 anos o vindeiro 27 de xullo ten 82 prazas e traballan na actualidade 45 profesionais. É unha residencia na que os usuarios están en continuo movemento xa que hai moita xente de fora da comarca e cando teñen a posibilidade de achegarse a unha que está máis preto da familia ou do lugar onde vivían vanse.

A residencia Maiores Domus Vi Larouco é un centro xerontolóxico polivalente, onde se presta atención integral e continua a persoas con discapacidade física ou mental que precisan atención especializadas. Neste senso teñen unha unidade especializada en trastornos de psicoxeriatría e conduta, coidados especializados para persoas con enfermidades avanzadas, paliativos e coidados xerontolóxicos.

Entrada de la residencia de mayores de Larouco
Entrada da residencia de maiores de Larouco

Está estratéxicamente situada nun outeiro preto do núcleo urbano desde onde se contempla parte do val  de Valdeorras, as montañas de Manzaneda e o a zona alta do Bolo. Conta con todas as comodidades e un amplo xardín. A sala de ximnasio e rehabilitación, as habitacións de visitas en familia a biblioteca ou a zona de lecer son outros valores engadidos do centro.

A residencia de maiores de Larouco libre de coronavirus