viernes. 19.04.2024

Ultímanse os detalles para a inauguración da Feira do Viño

A poucas horas de que comece a III Feira do Viño de Valdeorras, o escaparate dos viños da denominación de orixe, a organización axusta os últimos preparativos para que mañá todo estea disposto á hora da apertura do recinto prevista para as 12:30 horas.

Dous días —14 e 15 de xullo— onde o protagonista será o viño das 20 adegas participantes y a música. Os postos xa case que están todos rematados falta algún que outro detalle. Este ano o recinto preséntase en tres partes formadas por grupos de haimas. No primeiro situado a esquerda atópanse os postos do Consello regulador e cinco adegas participantes. O segundo a dereita estará ocupado por 10 adegas y o último de 5 adegas sitúase de novo a esquerda. Este xeito de colocar as haimas facilita o descorrer polo recinto que queda aberto a todos os puntos da praza de Viloira. Ademáis ao principio e o final de cada grupo de postos hai uns cubetos con grifos para lavar as copas.

Dentro das actuacións musicais hai que destacar a da Real Banda de Gaitas da Deputación de Ourense para todos os presentes no acto inaugural, ás 13:00 horas. Pola tarde a Charanga Fuego amenizará a sesión vespertina e o grupo Caravan Band dará un concerto as 22:30 horas.

O domingo a apertura do recinto da feira será ás 12:30 horas y contará coas actuacións da charanga Terras do Bibei e Os Bertolini. Ás 20:30 horas entrega de premios da XIX Cata de Viños de Valdeorras.

Durante os dous días un tren turístico trasladará aos visitantes á Feira de balde. As paradas estarán no pavillón de Calabagueiros, no Hospital Comarcal, na praza do Concello e na praza de Viloira.

Para os pequechos parque de actividades infantís nos xardíns da Casa Grande, inchables, animación infantil, obradoiros para facer figuras con globos e pinta caras.

Ultímanse os detalles para a inauguración da Feira do Viño