Christian campión na absoluta de Marín e Carlos López subcampión
Este domingo celebrouse na localidade pontevedresa de Marín a proba que forma parte do calendario do VIII Open de Andainas 25KM de Regularidade. Foron catro os Andarines de Arcos os que participaron representando ao Club Peña Trevinca e deles tres obtiveron medalla, Carlos, Christian e Lucio.
Lucio foi campión da absoluta e Carlos segundo e tamén conqueriu o primeiro posto na categoría veterano B.
O percorrido da proba discorreu por montes e praias do municipio pontevedrés, sendo o punto de partida a Alameda Rosalía de Castro.
Ademáis dos Andarines de Arcos viaxaron a Marín unha vintena de membros do Peña Trevinca que colgaron do pescozo 7 medallas en outros tantos deportistas.
A primeira proba de 25KM, Noia
O Club Peña Trevinca estreouse na Copa Galega de Andainas de 25 kms. o pasado 12 de febreiro, un evento incluído na liga galega de sendeirismo e na liga Ibérica de Sendeirismo FEDME. Probas baixo o paraugas da Federación Galega de Montañismo.
«Día espectacular, frío ao principio pero con sol toda a xornada. Dous roteiros unha de 15 km e outro 25 km. Desnivel superior aos 1000, tanto ascendente como descendente. Vistas sobre a ría de Noia. Durilla pero bonita 3 avituallamientos e para terminar unha paella cunhas cañitas de cervexa.», comentaban desde o Club quen ademais recalcaban do club organizador, Trabandainas, «gran traballo e mellores anfitrións».
Participaron nesta primeira andainade 25 Km 565 deportistas e 30 voluntarios de Protección Civil, Policía Local, Cruz Vermella e unha ambulancia.
Contou con dous roteiros circulares de 25 quilómetros e 15 quilómetros cuxo punto de saída foi o instituto San Alberto e meta no Polideportivo do Instituto San Alberto.