domingo 22/5/22

Os centros educativos de O Barco, xunto co CCA, lanzan a campaña Os Vieiros de Florencio

Os cativos da comarca poderán participar nunha xincana buscando as fotografías nos establecementos e vinculando as mesmas cos versos indicados nun folleto de partipación que deberán selar en cada establecemento
somoscomarca_cca_obarco_florencio_2022-05-12
Os centros educativos de O Barco, xunto co CCA, lanzan a campaña Os Vieiros de Florencio

A asociación Centro Comercial Aberto (CCA) O Barco colabora cos Equipos de Dinamización da Lingua Galega dos centros educativos de O Barco na organización da campaña “Os Vieiros de Florencio” para festexar as Letras Galegas 2022, que homenaxean ó poeta valdeorrés Florencio Delgado Gurriarán.

Este 2022, os establecementos asociados ao CCA O Barco e participantes na campaña, un total de corenta e catro, amosarán nos seus escaparates fotografías con versos de Florencio Delgado Gurriarán elaboradas polo alumnado dos centros educativos.

Paralelamente, os cativos da comarca poderán participar nunha xincana buscando as fotografías nos establecementos e vinculando as mesmas cos versos indicados nun folleto de partipación que deberán selar en cada establecemento.

Ao completar a xincana e ter o folleto cuberto, xunto cos datos persoais, deberán depositalo nunha urna instalada nas oficinas do CCA O Barco (c/ España, 1). A campaña se desenvolverá dende o xoves 12 de maio ao martes 31 de maio. Entre tódolos participantes se sorteará un vale de compra de 50€ para investir nas librarías asociadas ao CCA O Barco: Caprichos, Libraría Murciego, Praxis e Libraría Yoli.

 Ademais, se premiará a mellor fotografía de cada centro educativo cun vale de 25€ para material escolar.

Os centros educativos de O Barco, xunto co CCA, lanzan a campaña Os Vieiros de Florencio