miércoles. 17.08.2022

ABANCA e o GDR Valdeorras colaboran no impulso de novos proxectos

Grazas a este convenio os asociados contarán con mellores condicións na contratación de produtos da entidade
somoscomarca_abanca_gdr_mcarmen_2021-10-27
ABANCA e o GDR Valdeorras colaboran no impulso de novos proxectos

ABANCA e o Grupo de Desenvolvemento Rural (GDR) Valdeorras veñen de asinar un acordo de colaboración que busca principalmente atender ás demandas dos empresarios e á creación de emprego e autoemprego no sector servizos, industrial e agrogandeiro.

O acordo foi asinado esta mañá no Barco de Valdeorras polo coordinador institucional de ABANCA en Ourense, Mateo Alonso, e pola presidenta do Grupo de Desenvolvemento Rural (GDR) Valdeorras, María del Carmen González. A través deste documento, o banco reforza a súa aposta polo sector agrogandeiro e forestal da comarca e que pretende, entre outras cousas, contribuír á fixación de poboación na Comarca de Valdeorras.

O texto amosa a súa aposta pola reactivación económica a través do crédito, que permitirá aos beneficiarios poñer en marcha novos proxectos e mellorar a competitividade dos actuais. Desta forma, os asociados ao GDR poderán acceder a condicións melloradas na contratación de produtos como pólizas de crédito, préstamos persoais, anticipos de subvencións, leasing mobiliario ou avais.

No convenio detállase unha oferta específica para os proxectos do sector primario con créditos e préstamos deseñados específicamente para o sector, descontos comerciais, confirming ou factoring, pero tamén préstamos e anticipos para as colleitas ou devolución de subvencións.

Os membros do GDR terán tamén acceso ás vantaxes que ofrece o Programa Cero Comisións de ABANCA, que permite deixar de pagar polo mantemento das contas e tarxetas, pero tamén polas transferencias, ingresos de cheques ou outros servizos habituais. Ademais, ABANCA ofrece xestores especializados en seguros ou banca electrónica a todos aqueles que o soliciten. No acordo faise especial fincapé no financiamento oficial a través dos programas do ICO e as SGR galegas, que o banco tramita con especial dilixencia

ABANCA e o GDR Valdeorras colaboran no impulso de novos proxectos