
Este comezo de novembro tráenos a mala nova do pasamento de Benxamín, Fernández Yáñez, «Xamín», un atleta cunha curta, pero exitosa carreira atlética. Campión de España de 1.500 metros en pista cuberta nos anos 1983 e 1984.
Natural de Soutipedre (Manzaneda), viviu durante gran parte da súa xuventude en Petín, onde a familia se trasladou cando «Xamín» contaba con once anos. Estuda todo o bacharelato no colexio Pablo VI, antes de marchar a Santiago, onde cursará estudos de Maxisterio e comezará a súa carreira no mundo do atletismo, baixo a dirección do valdeorrés Ricardo Gurriarán, o seu mentor e adestrador en toda esta etapa.

Vive a primera época dorada do medio fondo español
«Xamín» compartiu pistas coas grandes figuras do panorama español e internacional como José Luís González, José Manuel Abascal, Stefano Mei, Said Aouita ou Colomán Trabado como nomes máis sobranceiros. Seis títulos galegos (dous de 800 metros e catro de 1.500 metros), aos que hai que engadir o título de campo a través gañado en Fene en 1984, completan o seu currículo.
Foi un asiduo aos campionatos universitarios. Proclámase campión de España e acode ao Campionato Mundial celebrado en
Alemaña. En categoría absoluta, representa ao noso país en diversas competicións, destacando a súa participación no Campionato de Europa de Gotemburgo en 1984.
Descanse en paz. Xamín Fernández
Fotos y documentación de Julio Pérez