miércoles. 28.05.2025

Cinco medallas para o club valdeorrés na XIII Copa Akai Ryu de Karate en Negreira

Dúas pratas e tres bronces. Ademais, outros dous participantes recibiron diplomas pola súa boa actuación
somoscomarca_20250525_obarco_karate353
Cinco medallas para o club valdeorrés na XIII Copa Akai Ryu de Karate en Negreira

Unha pequena pero destacada representación do club de karate de Valdeorras viaxou este sábado ata Negreira (A Coruña) para participar na XIII Copa Akai Ryu, un evento que reuniu a deportistas de alto nivel, incluíndo competidores da Real Federación Española de Karate e Disciplinas Asociadas e de Para-Karate.

Os nosos karatecas competiron na modalidade de kata, demostrando un gran nivel técnico e logrando un total de cinco medallas: dúas pratas e tres bronces. Ademais, outros dous participantes recibiron diplomas pola súa boa actuación.

somoscomarca_20250525_obarco_karate354

Na categoría Kata Infantil Masculino, Raúl Pérez Panizo acadou a medalla de prata e Eric Rodríguez Carballo fíxose co bronce. En Kata Infantil Feminino, Daniela Rodríguez Fernández quedou no sétimo posto, obtendo diploma.

Na modalidade Kata Cadete Masculino, Diego Prada Rodríguez logrou unha medalla de bronce, mentres que Brian Rodríguez Carballo rematou en quinto lugar, tamén con diploma. En Kata Cadete Feminino, Aina Moral Castro conseguiu outro bronce para o equipo.

somoscomarca_20250525_obarco_karate352

Finalmente, na categoría Kata Veteranos Feminino (≥35 anos), Raquel Fernández Cruz subiu ao podio para colgarse a medalla de prata.

Cinco medallas para o club valdeorrés na XIII Copa Akai Ryu de Karate en Negreira