martes. 17.06.2025

Brais Rodríguez, subcampión galego de orientación en Sub-14

somoscomarca_orientacion_brais (1)
somoscomarca_orientacion_brais (1)

O pasado sábado 8 de marzo celebrouse o Campionato Galego de Orientación a Pé de Distancia Media 2025 no Campamento Militar de Tiro de Parga, en Lugo. A proba contou cunha destacada participación, incluíndo dez deportistas do club Our-O, quen acadaron excelentes resultados.

somoscomarca_orientacion_brais (2)
Eva Calvelo

Entre eles, cabe salientar o xove orientador Brais Rodríguez Cruz, que logrou proclamarse subcampión galego na categoría Sub-14, demostrando unha gran destreza e preparación nesta disciplina deportiva.

somoscomarca_orientacion_brais (2)
Brais primeiro pola esquerda sostendo o diploma

Este campionato supuxo a segunda proba puntuable para a XXXIV Liga Galega 2025, que continuará o vindeiro 22 de marzo no Bolo, na comarca de Valdeorras. Ademais das competicións federadas, organizaranse percorridos de iniciación para todas aquelas persoas interesadas en descubrir e practicar este apaixonante deporte.

Como parte da promoción da orientación, o club Our-O organizará un cursiño introdutorio o día 15 de marzo na Rúa, onde se explicarán en detalle os fundamentos básicos desta disciplina. Esta actividade está aberta a todos os públicos e pretende achegar a orientación a máis persoas. As inscricións están abertas ata o 13 de marzo ás 21:00 horas e poden realizarse enviando un correo a club.ouro@yahoo.com.

somoscomarca_orientacion_brais (1)
Claudia y Enma durante la jornada de orientación

"Se che gusta a natureza, a competición sa e non te asusta enfrontarte a un mapa e unha brúa... ven e aprende orientación!", dín desde club valdeorrés.

somoscomarca_orientacion_brais (3)
Pablo Aller, Brais Rodríguez e Diego de la Torre dispois da competición

Brais Rodríguez, subcampión galego de orientación en Sub-14