jueves. 05.06.2025

A auga e o vento protagonizan a andaina de realizada polo Club Peña Trevinca en Noia

Foi a primeira proba de 25 quilómetros que forma parte da Liga Galega de Sendeirismo e a ela acudiron oito membros do club
portada_somoscomarca_2402125_noia_clubpeñatrevinca_andaina25km_barro (1)
A auga e o vento protagonizan a andaina de realizada polo Club Peña Trevinca en Noia

Noia acollía, o domingo 25 de febreiro, a primeira andaina de 25 quilómetros organizada por Trabandainas. Esta proba forma parte da Liga Galega de Senderismo, contemplada no Calendario de Actividades da Federación Galega de Montañismo.

Oito deportistas do Club Peña Trevinca O Barco trasladábase á capital da comarca para participar nesta primeira andaina da liga. Partían do Barco ás 5.30 horas para chegar a Noia ás 8.15 horas onde eran recibidos con un bo chocolate con churros.

«Despois dunha viaxe na que o aire e a chuvia nos acompañaron todo o camiño, recibíronnos moi ben porque aos do Club Peña Trevinca Barco, a verdade é que en todos os lados non adoran, téñennos moito cariño e respecto», afirmaba un dos membros do club.

Aínda que a dificultade estaba considerada como de media-alta, as inclemencias do tempo fixeron que fose moi dura. «Choveu a chuzos, había moito barro e o vento parecía que nos ía a levar», subliñan desde o Peña Trevinca.

somoscomarca_2402125_noia_clubpeñatrevinca_andaina25km_barro (2)
Barrizal polo que pasaron os participantes na andaina

A pesar da dureza da proba todos chegaron á meta «con certa soltura». «Tivemos a valentía de acabar os 25 quilómetros e chegar a meta con soltura e alegría». Ademais estaba agardando por estes 8 magníficos unha paella, doces e bebida da que desfrutaron despois do esforzo realizado.

somoscomarca_2402125_noia_clubpeñatrevinca_andaina25km_barro (3)
Os participantes do Peña Trevinca mostran o agasallo da organización á cámara

A auga e o vento protagonizan a andaina de realizada polo Club Peña Trevinca en Noia