
A Villablino Trail que acadou este domingo a súa sexta edición reunía máis de 500 deportistas entre os que se atopaban os sete integrantes de «Andarines de Arcos».
Carlos López facíase ca proba andando completando os dez quilómetros de recorrido en 1:18:17, por detrás del o seu compañeiro de equipo Lucio.

Os de Arcos luciron nesta proba a camiseta da Carrera de la Ciudades que chega a Vilanartín o próximo 27 de novembro e que os «andarines» non quixeron deixar pasar a ocasión para facer publicidade e captar participantes, xa que até o próximo 22 de novembro é posible acceder á plataforma na páxina da Federación Gallega de Atletismo .

Non é a primeira vez que o de Arcos participa na proba de Villablino cuxo percorrido non varía moito dun ano a outro. Dez quilómetros, con mil cen metros de desnivel acumulado —cincocentos cincuenta positivos e cincocentos cincuenta negativos—, a través dos carreiros de San Miguel e Eslamiadas de Laciana.

A saída foi ás 10.30 horas deste domingo 6 de novembro desde as inmediacións do restaurante ‘O Marga’ de Villablino e a chegada no mesmo lugar.

A proba que é todo un espectáculo deportivo conta con participantes de Galicia, como os Andarines de Arcos, Galicia, Castela e León, Madrid, Asturias, Cantabria, País Vasco, Estremadura, Andalucía, , Cataluña ou a Comunidade Valenciana .

Trátase dunha «carreira con encanto» que serve para dar a coñecer a comarca de Laciana en outono e potenciar así o turismo da bisbarra.