Os «tesouros» da Cidade da Selva xa poden verse no Casino do Barco

Os descubrimentos da historia da guerrilla nos montes de Casaio achados na Cidade da Selva,  así coma nos novos chozos descubertos, expóñense no Casino do Barco trala presentación e charla de Carlos Tejerizo —Instituto de Ciencias do Patrimonio (Incipit)— e Alejandro Rodríguez —Universidade de Santiago de Compostela—. O acto estivo presentado por Aurelio Blanco Trincado — presidente do Instituto de Estudios Valdeorreses—  acompañado por José Fernández da sección de arqueoloxía do devandito instituto valdeorrés.

 

 

Máis dun cento de persoas acudiron a charla previa onde  o historiador Alejandro Rodríguez, membro do grupo de Investigación sputnik Labrego relatou a historia das xentes que se refuxiaron nos montes de Casaio, así coma os traballos levados a cabo para recuperar os obxectos que, poderán verse até o 30 de novembro no segundo andar do Casino do Barco, de 19:00 a 21:00 horas.

 

 

Estes «tesouros» xa estiveron expostos nas escolas de Casaio e constitúen unha das coleccións máis importantes asociadas a este tipo de movementos de toda a Europa Occidental.