David Daniel Vázquez explora a infrahistoria da Guerra Civil no seu novo libro

David Daniel Vázquez, escritor natural de Arcos (Vilamartín de Valdeorras)
O escritor de Arcos (Vilamartín de Valdeorras), presentará o súa nova novela "Mi capitán..., ¿a quién disparo?" o 23 de xaneiro no CEIP Condesa de Fenosa.

O escritor David Daniel Vázquez, natural de Arcos (Vilamartín de Valdeorras), presentará o seu novo libro «Mi capitán..., ¿a quién disparo?» o 23 de xaneiro ás 18:00 no CEIP Condesa de Fenosa. A novela xurde, segundo o propio autor, grazas á insistencia da súa coautora e propietaria do diario do seu pai, un diario de guerra que, cualifica Vázquez, non é unha simple correspondencia.

«Este libro non só me pareceu interesante dende o momento en que tiven o diario na man, senón que aproveitei a oportunidade para afondar na historia dunha época tan convulsa como a que se viviu no principio do século», explica Vázquez, quen tamén subliña que a súa educación foi en castelán, o que lle fai sentirse cómodo ao escribir nesta lingua, a pesar de ser galegofalante de nacemento.

O autor destaca que se dedicou á docencia durante toda a súa vida, pero que a súa afección pola escritura vén de moito antes, desde a súa infancia, cando se dedicaba a escribir contos. A súa obra abarca un amplo espectro, dirixíndose en xeral ao público adulto, pero tamén escribindo para os máis novos. «Aos pequenos tamén hai que educalos», reflexiona.

Na súa presentación, David Daniel Vázquez tamén quixo destacar a importancia das figuras culturais de Valdeorras, como Aurelio Blanco Trincado, Pepe e o falecido Valdeorres Ilustre, Castro Voces, que son e foron fundamentais na dinamización cultural da zona. «Son persoas moi implicadas coa cultura da zona, e mesmo que non lles recoñecemos todo o mérito que merecen, son figuras clave que axudan a conservar e promover a nosa identidade cultural», asegura o autor.

En relación á súa novela, Vázquez menciona que se centrou na infrahistoria que levou á Guerra Civil, pero subliña que a súa intención non é xustificar o conflito, senón explorar as súas orixes e o sufrimento que causou en miles de aldeas e cidades da Península.