sábado. 20.04.2024
somoscomarca_obarco_araña_poligonoindustrial_naves_2021
A Xunta adxudica máis de 10000 m2 de solo industrial no Barco e Quiroga

A Xunta adxudicou 6250 metros cadrados de solo industrial no concello do Barco de Valdeorras cunha bonificación global de 174.553 euros. No de Quiroga son 3750 metros cadrados os adxudicados, cunha bonificación de 76.875, 50 euros.

A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda acaba de publicar a resolución pola que se resolve o concurso de venda de solo industrial convocado polo Instituto Galego da Vivenda e Solo este mesmo ano.

No caso do polígono do Barco adxudicáronse 3 parcelas, mentres que no de Quiroga adquiríronse 5 parcelas. No conxunto da Comunidade, adxudicáronse 22 parcelas, en sete parques empresariais de titularidade do IGVS, que suman unha superficie global de 26547 m2.

O pasado mes de xullo Heriberto García Porto, director xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo —IGVS— visitaba o polígono industrial da Raña para presentar a ampliación da da cuarta e quinta fase do parque. O polígono empresarial da Raña incluíase no plan sectorial que contará cunha superficie de 200.000 metros cadrados

Os empresarios, aos que lles foi adxudicado esta superficie, beneficiáronse da política de incentivos que aplica a Xunta, grazas á cal adquiriron solo cunha bonificación de ata un 50% sobre o prezo de venta. No seu conxunto, este solo foi adxudicado por un importe total de 731.179 euros, tras aplicarlle unha bonificación de 665.000 euros.

Para o 2022 reserva unha partida de 7,5 millóns de euros para esta liña de acción que ten boa acollida, tal e como demostran os 2,3 millóns de metros cadrados bonificados desde a súa posta en marcha, o que permitiu aforrar 70 millóns de euros ao tecido empresarial, aos que agora se suma a superficie adxudicada neste concurso.

Ademais, tamén se prevé unha partida de 26,6 millóns de euros para impulsar actuacións co obxectivo de optimizar un mínimo dunha vintena de parques empresarias.

A Xunta adxudica máis de 10000 m2 de solo industrial no Barco e Quiroga