sábado. 07.06.2025

Secundino Fernández, BNG: «Serei o nexo de unión do Parlamento con esta comarca»

O transporte, a sanidade e o tema agrícola son os eixos principais que terán en conta dende o BNG
P_somoscomarca_240405_obarco_bng_mariaalbert_secundinofernandez_manuelagra_mariamangana
Secundino Fernández, BNG: «Serei o nexo de unión do Parlamento con esta Comarca»

O Bloque Nacionalista Galego (BNG) ofreceu unha rolda de prensa, o 5 de abril, na que explicaron cales serán as persoas encargadas de «velar polos intereses da comarca. Tamén saber as partes polas que imos comezar a traballar», asegura María G. Albert, alcaldesa do Concello da Rúa. 

Neste acto, Albert estaba acompañada por Manuel Agra, portavoz do partido no Concello do Barco; Secundino Fernández, deputado galego e concelleiro en Viana do Bolo; e María Mangana, deputada provincial en Ourense. 

«Secundino será o noso voceiro no Parlamento Galego, intentaremos darlle moito traballo», asegura Agra. Segundo explica o portavoz, na zona hai «unha serie de problemas como pode ser a pediatría».

Por estas problemáticas, «vou levar todos os temas que preocupan», afirma o deputado galego. Como explicaba o seu compañeiro, Manuel Agra, «non é normal que haxa un para toda a área sanitaria, non solo no Barco chega hasta Viana, Vilariño de Conso ou Rubiá». A isto únese «que é unha zona con moitas distancias, cunhas vías de comunicación que son as que son». 

O que pretende o deputado é «que coñezan todas as deficiencias que existen. Levalas, como se achegaron no pasado, pero seguir facendo con forza». Sumaráselle temas a nivel económico, «como pode ser o agrario, que é fundamental nesta zona». 

Fernández pertence a dúas comisións, a sete e catro. «Estou na de agricultura, montes e medio rural e na de cultura e educación». Aínda que pode participar noutras para tratar «todos os problemas que podan existir na comarca». 

Por outra banda, na rolda de prensa atopábase María Mangana a pesar de que «non me corresponde a área de Valdeorras, esta é do compañeiro Xosé Manuel Puga, pero está de baixa». Entón, ela será a encargada de «estar presente nos problemas que se acontezan nesta zona». A deputada provincial en Ourense, afirma que «seguiremos unha liña continua cos concellos e co Parlamento Galego para tratar de traballar todos a unha». 

Secundino Fernández, BNG: «Serei o nexo de unión do Parlamento con esta comarca»