Sabes que facer en Valdeorras e arredores esta fin de semana?

Se non sabes que facer ou onde ir esta fin de semana aquí atoparás citas coa cultura, gastronomía, festas populares, andainas. música tradicional, alternativa...

Festas de Santa Marta en Córgomo

Seguen as festas de Santa Marta en Córgomo, hoxe día grande no que haberá misa e procesión na honra da Santa, amenizada pola charanga CLK. Pola tarde festa everbena coa orquestra Ritmo Joven. As 20.00 horas presentación do equipo do CD Córgomo coa novidade do nacemento do equipo xuvenil que tamén será amosado.

Procesión de Santa Marta en Córgomo (24)

Festas de San Vítor en Portomourisco

Os festexos que comezaron onte seguen hoxe sábado. Ás 12.00 horas música na praza da Igrexa e pola tarde campionato de tute. Ás 20.00 horas merenda na Casa do Pobo previa inscrición na Asociación A Rabiosa que colabora na organización.

Manzaneda VI Serán de Seitura e Certame Celtibérico

Manzaneda segue coas actividades culturais do verán. O sábado 29 a Praza da Igualdade da vila acolle o VI Serán de Seitura, ás 19:30 horas. Xa o domingo, XIV Certame Celtibérico de Bandas de Gaitas, ás 11:30 h na Cabeza Grande,

somoscomarca_manzaneda_serandeseitura_2022

Viana do Bolo decántase polo canto coral

Ese mesmo día en Viana do Bolo tamén soará a música, pero neste caso a música coral xa que se celebra a VII Mostra de Corais, o 29 de xullo, ás 20:30 h na Casa da Cultura.  Actuarán a Asociación Cultural Coral de Botos (Lalín-Pontevedra), Coral Polifónica Val do Avia (Leiro-Ourense) e o Orfeón Vianés (Viana do Bolo-Ourense).

XV Mostra de corais en Viana do Bolo (2)

Cita coa música alternativa no Barco

Música, pero doutro estilo Praza do Sagrado do Barco onde Amava —Asociación de Música Alternativa de Valdeorras— coa colaboración de Café Teatro Bajo 5, organiza una jam session .

Haberá dous pases: Acústico, ás 19:30 h. Coa actuación de Roberto; Edu, Miri y Quique; Distopik; Chimeno; Rodrigo e Carol

A sesión de eléctrico será ás 22.45 horas coa música de: Trasnochado, Distopik, El Patio de Leni e Maldita Carolain.

O Bolo visitas guiadas ás Ermitas e ao Castelo

O Bolo continúa coas visitas con guías oficiais ata o 30 de agosto. O santuario das Ermitas poderase ver os venres, sábados e domingos de 10.00 a 12.00 horas. O Castelo do Bolo, venres, sábados e domingos de 12.30 a 14.30 horas e o Museo Yosso, segundo e cuarto sábado de cada mes. Información e reservas no 606 017 105.

Festa da Bica en Trives

O 29 de xullo, con motivo do 50 aniversario da Festa da Bica, haberá unha comida popular no CEIP Manuel Bermudez Couso de A Pobra de Trives.

Os asistentes poderán degustar empanada de cachena, becerro ao espeto, bica, café e licores. Prezo da entrada: 25 € adultos e 15 € menores de 12 anos. Aforo máximo 500 persoas. Venda de entradas en: Concello da Pobra de Trives, Cafetería Sky, Ba

Andaina Festa da Bica, subida a Manzaneda, o 30 de xullo, ás 8.30 horas saída da praza do Concello. Inscricións en: www.emesports.esSubida ecuestre a Manzaneda, actividade que se enmarca dentro do 50 aniversario da Festa da Bica,  o 30 de xullo, ás 8. 30 horas dende a Praza do Concello. Inscricións na Oficina de Turismo.

OLYMPUS DIGITAL CAMERA

“A Rúa Vive!”: música urbana e remember para facer vibrar O Aguillón

Naceu na Rúa un festival temático que reunirá DJ de diferentes estilos na zona do Aguillón os días 28 e 29 xullo. Bautizado como “A Rúa Vive!” busca lembrar aqueles anos de música disco que lle deron tanta vida á noite ruesa e ao mesmo tempo poñernos no presente coa música que trunfa entre as novas xeracións.

Hoxe sábado día 29 a música remember será a protagonista. Pincharase música dos 80, 90, 2000 contando tamén cun cartel de profesionais de luxo: Karayán, DJ Repunante, Chack Crespo, Diego Alo, e os máis famosos Motto, Frisco e Marcos Peón. Estes últimos chegan á Rúa co seu espectáculo Guateque “Yo Lataba en EGB”.

Este festival é 100%100 autofinanciado, organizado polos establecementos TB, O 4 e o Bravo Lux, pero con importante colaboración do Concello da Rúa e de Protección Civil.