A Rabiosa impulsa que A Portela (Petín) se vista de luces
«Non é Vigo, pero casi», sinalan os membros da Asociación de Vecños A Rabiosa, da Portela, con quen falamos e visitamos un pobo cheo de luz.
Un obradoiro de «manualidades», foi o detonante de que A Portela «relocese máis ca nunca» no Nadal. Conta Sandra un dos membros da asociación A Rabiosa. «todo comezou cun taller de manualidades para os nenos. Comezamos facendo unha pequeniña decoración para os veciños que eles colgaron nas súas casas e logo solicitamos a súa colaboración para que as decorasen un pouquiño máis».
Pero ese pouquiño fóiselle das mans, segundo puidemos comprobar in situ e, é que en comparación case que ten «máis luces que Vigo». «Animáronse un montón», recalca Sandra. Coma di Odra, outra das persoas da asociación, «empezamos como quien no quiere la cosa y al final hubo pique, del bueno claro. El caso es que todos quisimos que nuestro pueblo y nuestras casas quedaran muy bonitos».
Entre as máis das 20 casas decoradas hai dúas que destacan das demais, a de Tano —o pulpeiro— e a de Cahorro, que se ven desde a estrada N-533 que vai a Viana.
Hugo o máis pequeno da cuadrilla axudou ca decoración ao seu avó Bautista facendo os bonecos de madeira que se atopan por toda A Portela.
Maxi pola súa parte ten a súa casa chea de Papá Noeis, uns subindo pola fiestra, outro saíndo e entrando da cheminea, outro bailando e, moitas, moitas luces.
Aínda ca asociación creouse hai moitos anos é ultimamente cando máis actividade ten. O pasado verán fixeron unha cea na que se serviu unha gran paella para axudar a pagar as festas do San Vitoiro.
O día 30 a partir das 20.30 horas, na Casa do Pobo, celebrarán o Aninovo cun concurso de pinchos. Os veciños terán que achegar os seus petiscos para que un xurado os avalíe e logo daránselle aos que alí estean, tamén se comerán as uvas. «É a única forma de que nos xuntemos todos para comer as uvas. As campanadas facémolas un día antes», di Jose outro membro da Rabiosa. Asegura asemade que as novas incorporacións coma Sandra ou Odra fan posible estas actividades xa que son moi proactivas.
Xa para o novo ano contemplan unha «Festa do Caldo» cara o Entroido e unha andaina pola vía romana que vai a Santoalla, na primavera.
Anímaste a recorrer con nos A Portela? Adiantámosche que o vídeo non ten nada que ver coa realidade.