viernes. 04.07.2025

Os termómetros alcanzan os 40ªC en Valdeorras, na primeira vaga de calor da tempada

Está activado o nivel de alerta laranxa por altas temperaturas até as 21.00 horas e recomendase non saír á rúa nas horas centrais do día
somoscomarca_barco_malecon_oladecalor_termometro_farmacia_20232206 (3)
A primeira vaga de calor da tempada chega a Valdeorras

Alerta de nivel laranxa por altas temperaturas, nas próximas horas desta tarde de 8 de agosto, en Valdeorras. Así o contaba Pablo González, dende Meteogalicia, esta mañá en Radio Valdeorras Onda Cero:

Á hora que se está a redactar esta nova, ás 17.40 horas o termómetro da farmacia situada no Paseo do Malecón do Barco marca 40ºC. A calor é insoportable e as poucas persoas que andan pola rúa buscan unha sombra para protexerse. O termómetro lexos de dar un respiro parece que vai apretar máis a medida que avance a tarde.

somoscomarca_barco_malecon_oladecalor_termometro_farmacia_20232206 (2)

Aconséllase non saír á rúa ás horas centrais do día, manterse ben hidratado, protexerse do sol con sombreiro, gorras ou panos, non facer deporte a esas horas ou traballos que requiran esforzo físico, os nenos e maiores deben ter aínda se cabe maior cuidado.

«Trátase de un fenómeno meteorolóxico por temperaturas máximas —nivel laranxa— que afectará a zona de Valdeorras», informan desde a Axencia Estatal de Meteoroloxia —AEMET.

somoscomarca_barco_malecon_oladecalor_termometro_farmacia_20232206 (1)

En previsión destes feitos a Dirección de Emerxencias e Interior comunica que se adoiten as medidas preventivas precisas ante as citadas predicións meteorolóxicas e que alerten e ou mobilicen aos medios e recursos dispoñibles ante calquera chamada ao 112.

En caso de precisar información puntual e detallada poden chamar ao Centro Integrado de Atención de Emerxencia 112 Galicia ou consultar a páxina web de AEMET, CIAE 112 ou Meteogalicia.

Na seguinte ligazón tes os pareceres de persoas que ás 13.00 horas se atopaban no Malecón do Barco:

Os termómetros alcanzan os 40ªC en Valdeorras, na primeira vaga de calor da tempada