domingo. 08.06.2025

Outonía realiza as súas dúas últimas actividades no Concello do Bolo

Desenroláranse o 18 e 23 de abril no colexio do municipio de 16:00 a 18:00 da tarde
P_somoscomarca_240410_obolo_outonia
Outonía realizada as súas dúas últimas actividades no Concello do Bolo

Outonía presenta as súas dúas últimas actividades no Concello do Bolo. En concreto faranse os días 18 e 23 de abril, de 16:00 a 18:00, no colexio do municipio. «Son unha continuación do proxecto xa iniciado sobre cartografías», explica Tania Sánchez, socio-traballadora da cooperativa de Outonía. 

Foron ideadas «no marco do 8M, pensando en crear unha proposta para afondar non solo no propio día», asegura. Ese primeiro plan, o do día 18 de abril, «está centrado no activismo como unha forma de amosar o malestar e as inxustizas sociais». As persoas que asisten canalizan como se senten «dende unha metodoloxía artística».

somoscomarca_240410_obolo_talleroutonia

Estes obradoiros, de dúas horas, «son moi liviáns, sempre traballamos dende o xogo e a creación de dinámicas». Un dos principais obxectivos é «coñecernos unhas as outras», asegura Sánchez. 

O 23 de abril farase a última parte deste proxecto. O que se busca é dar «un colofón a esta experiencia utilizando os recursos que saíron en obradoiros anteriores e colocalo nun mapa». Iso si, non falan dos mapas tradicionais, «o que buscamos é superar esa concepción para integrar ideas e formas de ver o mundo das persoas participantes».

Un total de 12 mulleres son as participantes nesta actividade, pero «para poder inscribirse pódeno facer dende o Concello do Bolo ou ben anotarse en físico e preguntar en servizos sociais», explica Tania Sánchez. 

Outonía realiza as súas dúas últimas actividades no Concello do Bolo