A Banda de Gaitas da Veiga volverá celebrar Santa Rita

A Banda de Gaitas da Veiga volve celebrar Santa Rita
Óscar Freire, profesor do grupo de música tradicional da Veiga, conta como foi recuperar esta agrupación

«Será a terceira ou cuarta vez que vamos», recorda Óscar Freire. É o profesor do grupo de música tradicional da Veiga ou máis coñecido como Banda de Gaitas. Un ano máis volverán O Barco nunhas datas moi sinaladas, o 22 de maio.

somoscomarca_obarco_procesion_santarita_2023 (14)

Con motivo da honra a Santa Rita «faremos un pequeno pasarrúas, despois acompañaremos a procesión e remataremos cun pequeno concerto amosando o que facemos aquí», asegura.

Por mor de non ser festivo na Veiga «iremos a parte máis maior do grupo» pero, igualmente, haberá «pezas recollidas por nós na provincia de Ourense ou algunha versión de grupos con máis anos de experiencia».

A historia detrás da retornar a música tradicional A Veiga 

Óscar comezou «polo 2008 ou 2009» a ser o profesor da banda. Un ano antes de que «eu chegara xa se comezara a recuperar» por outro docente que fora. Moito antes, A Veiga tiña un grupo de música tradicional, pero desfixérase. A maiores, «dende o concello tamén o quixeron retomar».

Freire foise «adaptando a xente que tes, houbo anos que tiña xente máis nova. O que si sempre adoitan ser persoas fixas é a xente máis maior que lle gusta a nosa música, cultura e tradición, son as que están aí sempre». Chegaron a ser unha agrupación de 35 integrantes. Na actualidade «debemos ser entre 25 e 30», comenta. 

somoscomarca_obarco_procesion_santarita_2023 (24)

O profesor non quixo pechar a entrevista se antes por en valor todo o que se fai para recuperar a música tradicional. «É un gusto que os concellos, que parecen que son pequenos, seguen apostando pola nosa música. Non solo na Veiga, vese que en todos os concellos se está apostando. Que se vexa que hai unha cultura viva, que vai evolucionando e que sigue aí». 

Se quere escoitar a entrevista completa pódeo facer aquí: