Éntoma celebra o seu Entroido máis enxebre

Por segundo ano consecutivo as mulleres dos obradoiros "Fiando a Memoria" de Éntoma celebraron o seu Entroido máis tradicional recuperado despois dun gran traballo de documentación

Nesta tarde de luns, 12 de febreiro, por segundo ano consecutivo, as mulleres dos obradoiros "Fiando a Memoria" de Éntoma, organizados pola concellería de Servicios Sociais do Barco, celebraron o seu Éntroido máis tradicional recuperado despois dun gran traballo de documentación.

Desta maneira recuperaron a figura das furracas, as cales saían no solpor do sábado de Entroido. O seu papel era ir ás casas, sempre coa cara tapada e con barrigas ou chepas,  e meterse coa xente. Non podían revelar quen era ata que a recoñecían, nese momento ensinaban a cara e invitábana a algo e facían a festa.

As 17.00 horas comenzou a escenificación cunha gran fariñada, donde non se salvou ninguén, con baile incluido. De seguido chegou a hora do desfile das furracas polas rúas do pobo, presedido polo "Folión" improvisado  dos cativos de Éntoma que animaron todo a percorrido. Ao remate houbo unha gran chocolatada acompañada de doces típicos de Éntoma.