Animada e luminosa primeira festa do Centro Comercial Aberto
Nova iniciativa da directiva de Obarcoaberto Centro Comercial para darlle un pulo ó comercio local e especialmente pensada para os socios que participan de forma menos directa nas campañas que realizan no resto do ano.
Desta forma, ás 20.30 da tarde do sábado 24 de agosto, comenzaba a festa na Praza Maior coa música e animación da Charanga ClLK, que non pararon de tocar ata as 22.30 horas. O momento máis esperado foi a chegada dos catro robots luminosos e de gran tamaño que fixeron as delicias de todos os asistentes, bailando, saudando e facéndose fotos con todo aquil que llo pedía.
O broche o poñía o sorteo dunha viaxe de tres días en autocaravana a calquer punto de España entre os clientes que realizaran as súas compras nos establecementos asociados do CCA nos últimos dez días. O encargado de entregar o premio foi Jacobo Arias, presidente do Centro Comercial.