A superficie cultivada de godello en Valdeorras, bate récords

A variedade,

potencial da D. O. Valdeorras, chega ó seu récord histórico de superficie

cultivada

A superficie de vide de godello cultivada na comarca bate cifras récord. Á espera de pechar as cifras, este ano vendimaranse arredor dunhas 479 hectáreas, segundo datos do Consello Regulador da D. O. Valdeorras.

A chave do éxito desta uva autóctona está no equilibrio.

«É unha das variedades con maior potencial e equilibrio entre as variedades

galegas», asegura Santiago Pérez, técnico do Consello Regulador. «Quen proba

Godello xa non quere outra variedade».



Mostra diso é o desembarco de grandes empresas,

así como a acelerada expansión internacional dos caldos de godello. Á

medranza das exportacións (que se sitúan arredor do 21% da produción) súmanse

os numerosos recoñecementos arredor do globo.

Con vistas ó futuro, Santiago Pérez insiste en

que «ó que temos que chegar é a que este mercado se regule», incidindo na exclusividade.

«Dicir que es exclusivo con 130 millóns de algo é difícil», polo que comenta

que están a impoñer cotas.



A uva de godello é unha uva autóctona, pero que tras unha epidemia de filoxeira a finais do século XIX quedou practicamente desbotada. En 1885, José Ramón Gayoso, viticultor de Vilamartín, decidiu apostar por ela.

Zona de viñedos entre A Portela e Larouco, onde hai 30 anos case todo era monte

Nos últimos anos recuperouse e converteuse no principal potencial da Denominación de Orixe Valdeorras. O Consello vixía ben de preto o proceso produtivo; non se pode mesturar con outras variedades.  «Godello si, pero godello de Valdeorras», sentencia Pérez.



Se queres escoitar a entrevista a Santiago Pérez esta mañá en Radio Valdeorras, preme na seguinte ligazón:

Texto: Isaac cruz

Fotografía: Enrique Plaza