jueves. 18.04.2024
somoscomarca_arua_piraguismo_copa_deputacion_deporte_2021_10_02 (9)
O 25 de marzo remata o prazo para solicitar as axudas destinadas a clubs deportivos

O próximo 25 de marzo rematará o prazo para solicitar as axudas destinadas pola Deputación de Ourense a clubs deportivos da provincia, subvencións que terán unha contía máxima de 24.000 euros.

Entre outros requisitos, os solicitantes deberán estar inscritos nos rexistros deportivos correspondentes da Xunta de Galicia, ter o seu domicilio social na provincia e participar na tempada 2023/2024 en competicións oficiais, calquera que sexa o seu ámbito, convocadas polas respectivas federacións, ademais de posuír polo menos un equipo base acreditado cun mínimo de dez licenzas federativas.

As bases completas poden consultarse no BOP número 40 do 26 de febreiro. As solicitudes presentaranse no Rexistro Xeral da Deputación de forma telemática, a través da sede electrónica (http://www.sede.depourense.es/)

O 25 de marzo remata o prazo para solicitar as axudas destinadas a clubs deportivos