Da colmea á centrifugadora para obter o líquido máis doce, o mel

)
Luís, apicultor de Robledo de Dómiz: «O centrifugado é o xeito máis común para extraelo»

Cando o mel chega ao seu punto de maduración é o momento no que o apicultor o recolle e comeza o proceso de elaboración. Isto ocorre cando o néctar que teñen producen as abellas dentro das colmeas se espesa pola perda de humidade.

En cada panal hai uns cadros que están completamente selados con cera, onde se atopa o mel. Para comezar o proceso de extracción do ouro doce, o primeiro que hai que facer é retirar a cera superficial cun coitelo por ámbolos dous lados do cadro. E logo comeza o labor de centrifugado. Os restos non se desaproveitan «derrétense e sácaselle o que teñan».

Luis retirando a cera para poder extraer o mel

«Métense os cadros na centrifugadora que é algo parecido o bombo dunha lavadora e despois de 100 voltas dáselle a volta para que saia todo o líquido posible», explica Miguel. Estamos ante a primeira filtración.

Os cadros dando voltas na centrifugadora

Os cadros vólvense de novo á colmea e os restos que quedan neles serven de alimento para que as abellas pasen o inverno. En cada panal dos que ten Miguel hai dez cadros pero se se enchen poden colocarse outros tantos, «depende o que fagan referíndose ás abellas) se enchen dez póñolle outros dez». Cando o ano vén ben os traballadores insectos poden encher ate 30 cadros. Menuda colleita!

O mel saíndo da centrifugadora

Durante o centrifugado o mel cae nun depósito no que se retiran as impurezas que caen a zona baixa despois de estar alomenos unha semana decantando. Durante este tempo quítaselle as impurezas «cun pano de seda. Humedecido e ben decorrido, como o que antes usaban como pañais para os nenos».

A mel de Luís está sen tratar nin alterar é un mel puro que está boísimo!

A importancia do propóleo nunha colmea

É outro dos materiais que fabrican as abellas e que é de grande axuda para que elas constrúan as colmeas por si mesmas. Axuda a combater os fungos, virus e bacterias que poden atacar a estrutura. «É un encima que fan elas para selar», asegura Luís.

Pra que podan fabricalo hai que lle poñer una rexa especial da que logo se obtén esta resina. Tamén se poden recoller raspando os bastidores dos cadros e o interior da cámara de cría.

Para poder usalo pódese mascar o facelo líquido. Neste segundo caso Luís faino con alcohol de consumo. «Segundo o que consuman as abellas pode ser dunha cor ou de outra. Sé e de xara é máis claro e se é de chopo máis escuro», explica.

De cada colmea poden sacar como moito 50 gramos pero «dese así, si é natural, pódenche pagar ata 200 euros o quilo, pero ten que estar ben limpo».

Ademais, do alto poder antiséptico do propóleo  e do bo que é para o consumo evita que as bacterias entren na colmea.