martes. 28.11.2023

Dende a Asociación O Mosteiro de Vilanova de Valdeorras levan todo o ano fomentando a cultura nesta aldea da comarca. E, como non ía ser menos, nestas datas de nadal achégannos unha proposta inmellorable para pasar unha boa tarde en familia. Trátase dunha función de teatro —composta por dúas obras— da man do Grupo de Teatro Candea —procedente de Viana do Bolo—.

Esta tarde, nas escolas de Vilanova, dende as 17:30h poderase desfrutar das obras: "O diñeiro do compañeiro" e a comedia "Os Vida Chá". E, ao rematar a representación, os membros da asociación repartirán chocolate e churros a todos os asistentes, para así combater o frío e pasar unha agradable tarde de inverno.

Teatro para todos os públicos en Vilanova