jueves. 28.03.2024

Tralo análise da situación no sur da provincia de Ourense por mor das fortes treboadas, os tres deputados socialistas no Parlamento piden que se lle dea as respostas por escrito

María del Carmen Rodríguez Dacosta, Noela Blanco Rodríguez e José Manuel Pérez Seco, deputadas e deputado pertencentes ao Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia, ao amparo do disposto no artigo 152 do Regulamento da Cámara, presentaron esta tarde, ante a Mesa do Parlamento tres preguntas para que se lles respostara por escrito.



A primera delas é: «Cales son as actuacións realizadas pola Xunta de Galicia dende esta data?». A segunda: « Realizou o Goberno galego algunha estimación dos danos producidos e das perdas económicas e, de ser o caso, cales foron os resultados?» E a terceira: «Que actuacións ten previstas levar a cabo o Goberno galego para garantir a recuperación das zonas afectadas?»



Y é que o dano

que ocasionaron na horta e nos viñedos as treboadas de onte preocupa a este

grupo. Segundo eles mesmos informan «o nivel de perdas podería chegar, a máis

de 300 hectáreas no caso de viñedo e un número alto pero tamén, aínda sen

avaliar, no caso dos cultivos da horta». «Esta situación require dunha

actuación urxente da Administración para paliar os danos producidos polas

fortes treboadas, que poñen en perigo a supervivencia dun sector económico

estratéxico e representativo de Galicia», argumentan.


O grupo socialista presentou na Mesa do Parlamento tres cuestións sobre os danos na...