lunes. 03.10.2022

Foto tomada en Viloira a mañá do 25 de setembro de 2018.

Trátase do miradoiro situado no pilar da antiga Ponte de San Fernando.

Esta ponte —obra do enxeñeiro Sebastián Martínez Risco— unía Viloira e O Barco. Foi destruída por unha riada o 27 de decembro de 1959.

Desde o 2009, con motivo do 50 aniversario da desfeita, sobre o pilar que quedou en pé situáronse uns bancos para que os que se acheguen podan estar un ratiño mirando as preciosas casas da rúa Real ou escoitando e sentindo  o río Sil.

No muro lateral hai unha placa de lousa na que se pode ler: « A Ponte de San Fernando proxectada inicialmente en 1886 por Felipe Bena, foi inaugurada en 1902, con novos planos do enxeñeiro Sebastián Martínez-Risco, formando parte da estrada Ponferrada-Ourense. O 27 de decembro de 1959 as 18:50 foi derrubada por unha chea do río Si, causando a morte de Manuel Conde Rodríguez «O Monfortino». Unha pasarela restableceu o paso peonil do río entre O Barco e Viloira ata que en 1970 entrou en funcionamento a ponte actual. O Concello do Barco acondicionou o estribo esquerdo da ponte de San Fernando, coincidindo co 50 aniversario da súa caída, como homenaxe a un símbolo do cambio de século lembrado con agarimo polos valdeorreses»

Miradoiro no estribo da antiga Ponte de San Fernando