A Veiga recupera a tradición dos «fachós»

O son dos bombos e aixadas encheu a noite da Veiga onde o folión desfrutou na véspera do día grade do Entroido, a Festa da Soá

O Fulión da Veiga reúnese desde hai máis de vinte anos a noite antes da Festa da Soá, o luns de Entroido. Xúntanse para tocar e troulear e logo fan unha cena a escote e pericote onde ademais cada quen trae doces e outras lambetadas propias da época. A churrascada tampouco falta nesta noite especial.

Onte tocou, e nunca mellor dito, recuperar unha tradición que estaba case esquecida. «A tradición era que na zona do embalse os pueblos da contorna foran, no Entrudio, cos «fachós» a queimarlle os pelos das pernas ás mozas», conta Manoli do Fulión da Veiga. 

Pero, esta maneira de proceder ven de moito máis atrás de cando os pueblos non estaban iluminados ,coma agora e o Entroido vivíase doutro xeito. «Antes como non había luz levábanse «fachós» para ir dun pueblo a outro. Ao chegar estaba trancado o paso con paus e rebolos no chan e había que pedir permiso. Una vez que conseguían entrar queimábanlle os pelos das pernas ás mozas e metíanse con elas», explica Manoli. «Tamén facían o dos farrapos», apunta. «Era o de coller farrapos e envolvelos na merda e tiralos uns aos outros», engade.

Logo da festa hai que repoñer forzas

 

Ademais de «enredar cos fachós», outra tradición, aínda que esta xa ven de lonxe, é enfariñarse. E vaia se se enfariñaron a conciencia! Darlle lume aos bombos para que foran quentando na véspera do día grande do Entroido, na Veiga, é indiscutible.

Hai pan que ten menos fariña que estes do fulión

Unha noite sen dúbida para recordar e, sobre todo, tocar. Hoxe Martes de Entroido Festa da Soá e saída das comparsa e folións desde a rotonda á entrada da Veiga ata o Toural. Logo todos a repor forzas ao pavillón municipal onde a fartura está garantida.